CRTVG

Buscar

A autovía A-55 non consegue librarse dos accidentes e lidera a clasificación española

Publicado o 06/05/2019 18:22

A autovía A-55, ao seu paso por Mos, continúa a ser unha das máis perigosas do estado. Esta autoestrada é a que acumula maior número de accidentes en España. Así o recolle un informe de Automobilistas Europeos Asociados, que analiza o período entre 2012 e 2016.

A imaxe de accidentes é frecuente. Unha saída de vía que pode causar retencións e choques por alcance. En concreto é no quilómetro doce, unha zona de curvas que leva máis dunha década sinalada como punto negro nas estatísticas da Dirección Xeral de Tráfico. Unha condición que non conseguiron eliminar nin a redución nos límites de velocidade nin a instalación de radares. Entre 2012 e 2016 producironse 123 accidentes e 205 vítimas, na súa maioría feridos leves.

Nin a instalación de radares nin a limitación de velocidade a 60 quilómetros por hora en varios tramos conseguiron sacar esta autovía da lista de puntos negros da Dirección Xeral de Tráfico, onde se mantén dende hai máis dunha década.

Noticias web

06/05/2019