CRTVG

Buscar

A autoridade fiscal propón renda mínima compatible co traballo

Publicado o 26/06/2019 20:38

A autoridade fiscal propón unha renda mínima estatal compatible cun traballo que custaría uns 3.500 millóns. É a resposta deste organismo á iniciativa dos sindicatos UXT e CCOO de establecer unha renda mínima de 426 euros ao mes para parados de longa duracion co fin de reducir a pobreza.

A autoridade fiscal cre que iso custaría 9.000 millóns de euros. Por iso, propón que se poida compatibilizar cun emprego, para que os parados non deixen de buscar traballo. Nese caso, a prestación sería máis reducida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019