CRTVG

Buscar

A autopsia preliminar determina que Olivia morreu a causa dun edema pulmonar agudo

Publicado o 12/06/2021 21:07

A xuíza que instrúe o caso, a titular do xulgado número tres de Güímar, ditou un auto para informar á fiscalía de que é procedente deixar sen vigor a orde de detención internacional de Tomás Gimeno por delito de substración de menores. No seu lugar pide unha orde de detención internacional pola presunta comisión de dous delitos agravados de homicidio e un contra a integridade moral no ámbito da violencia de xénero.

 Por iso pide expresamente que se traslade o caso ao Xulgado de Violencia sobre a Muller de Santa Cruz de Tenerife.

Por primeira vez lemos negro sobre branco, no auto da xuíza, de nove páxinas, que Tomás Gimeno ...

" presuntamente lles deu morte de forma planificada e premeditada coa fin de provocar unha dor inhumana á súa ex-parella" e engade "á que de forma deliberada buscou deixar na incerteza sobre o destino quetiñan sufrido as fillas ao ocultar os seus corpos, tras dralles morte, no fondo do mar, escollendo lugares alonxados da costa e profundos, onde pensaba que nunca serían atopadas"

Ademáis, tamén este mediodía, o Tribunal Superior de Xustiza de Canarias, en base á autopsia preliminar, comunicou que a pequena Olivia de seis anos faleceu por un edema pulmonar agudo que a xuízo da sociedade española de neumoloxía e ciruxía torácica é a resposta pulmonar á exposición a algo tóxico ou abrasivo. Olivia xa estaría morta cando o pai a tirou á auga.

Noticias web

12/06/2021