CRTVG

Buscar

A autopsia do bebé achado nun contedor en Xixón revela que o acoitelaron ao nacer

Publicado o 05/08/2019 14:24

Segundo publican algúns medios que tiveron acceso ao informe forense, o cadáver achado o venres pasado tiña cortes e lesións por todo o corpo. A autopsia conclúe que naceu vivo e que o mataron mesmo ao nacer. Logo depositárono xunto cos restos da placenta nunha mochila e botárono no colector do lixo.

Unha persoa que rebusca habitualmente nos contedores foi quen deu coa mochila e alertou a policía. Desde entón está aberta unha investigación para dar coa nai do neno e outros posibles cómplices.

A delegada do Goberno en Asturias dixo este luns que esperan que as pescudas policiais ofrezan resultados en breve.

Noticias web

05/08/2019