CRTVG

Buscar

A autopsia determina que Diana Quer morreu esganada

Publicado o 11/01/2018 21:20

A autopsia confirma que Diana Quer morreu por estrangulamento. Non hai indicios de que a moza fora atropelada, o que desbota a versión de José Enrique Abuín, que di que a morte foi accidental. O que non se aclara é se houbo ou non agresión sexual. Non se puido acreditar, pero tampouco se desbota, á espera do que acheguen o resto das probas que se practiquen, incluídas as análises de tecidos e fluídos que se están a realizar no Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2018