CRTVG

Buscar

A autopsia certificará se a muller que apareceu morta en Silla é a moza desaparecida en xaneiro

Publicado o 01/02/2021 08:42

Todas as hipóteses apuntan a que o cadáver atopado onte por un cazador nunha caldeira da localidade valenciana de Silla corresponde a Florina, unha moza de 19 anos desaparecida hai 15 dias.

O corpo estaba semisomerxido na auga e tiña unha tatuaxe similar á da moza. Florina estaba sendo prostituída por unha organización e frecuentaba unha zona próxima a onde apareceu o cadáver. Nas próximas horas poderían coñecerse os resultados da autopsia que determinarán as causas da morte e a identidade da vítima.

Noticias web

01/02/2021