CRTVG

Buscar

Autopsia para aclarar a morte da afogada no Miño, sen indicios de criminalidade para a Garda Civil

Publicado o 01/08/2019 19:30

A Garda Civil determinou que non hai indicios de criminalidade no caso da muller cuxo corpo sen vida apareceu no río Miño, en Salvaterra. Pero, xa remitido ao xulgado, será a autopsia a que clarifique a causa da morte, se foi accidental ou non.

O cadáver da afogada, de 40 anos, veciña do municipio e nacionalidade brasileira, recuperábano, hai case 24 horas, na zona en que testemuñas dixeran velo, preto da ponte internacional. A alerta a emerxencias activou medios portugueses e españois coordinados pola Comandancia Naval. Policía, Garda e Protección Civil, bombeiros e GES buscaron ata o levantamento do cadáver e o paso a disposición xudicial. Tramitouse asistencia á familia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019