CRTVG

Buscar

A automoción achega o 13,5 do PIB de Galicia

Publicado o 19/06/2019 14:57

A industria da automoción en Galicia, capitaneada por PSA e composta por 130 empresas, supón o 13,5% do noso PIB e o 25% das exportacións. O sector emprega 22.000 persoas directamente e outras 45.000 de xeito indirecto e, para reforzar a súa competitividade, investiu máis de 750 millóns de euros durante os últimos dous anos. Investimentos que para empresas como a viguesa Copo supuxeron entrar en mercados tan selectos como o dos vehículos de alta gama da man da casa Ferrari.

A automoción galega acadou unha facturación superior a 8.000 millóns de euros en 2018. O novo modelo de Citroën fará medrar o volume de negocio da industria auxiliar en 450 millóns. Esta cifra engádese aos 660 millóns de euros que o sector xa vende á fatoría de Balaídos en compoñentes para o K9.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019