A Aula de Produtos Lácteos de Lugo crea alimentos enriquecidos para persoas maiores
Publicado o 15/10/2019 14:31
Mellorar a calidade de vida da denominada poboación sénior. Este é o obxectivo de dous novos produtos ideados na Aula de Produtos Lácteos de Lugo. Máis dun ano de traballo está detrás dun iogur enriquecido con omega 3 dunha bebida hospitalira hiperproteica para persoas dependentes ou con problemas de deglución.
A cooperativa Clun e as empresas Queizúar e Adventia Pharma colaboran con este proxecto que iniciará agora a súa fase de desenvolvemento.