CRTVG

Buscar

A auga da billa de Corme volve ser potable

Publicado o 04/10/2019 15:56

A Consellería de Sanidade pecha a situación de alerta sanitaria en Corme, Ponteceso. Tamén levanta as restricións sobre o consumo de auga da traída, polo que os veciños poden volver beber auga da billa sen risco.

Os resultados das últimas mostras determinan a inexistencia da presenza de norovirus na auga, polo que a súa inxesta é segura.

Noticias web

04/10/2019