A Audienia Nacional anula o arquivo do caso de xenocidio contra Gali por un defecto de forma
Publicado o 29/09/2021 16:39

A Audiencia Nacional reabriu a causa por xenocidio contra o líder da Fronte Polisario, Brahim Gali. Acordouno a sala do penal porque di que o xuíz que arquivou o caso, Santiago Pedraz, non era competente para facelo. Gali declarou ante Pedraz tras chegar a España con identidade falsa para tratarse dunha afección nun hospital de Logroño.
A súa estadía abriu unha crise diplomática con Marrocos. Pola chegada de Gali a España terá que declarar a exministra de Exteriores, Arancha González Laya, o luns que vén.