CRTVG

Buscar

Ordena o ingreso en prisión de Rafael Bautista polo desfalco a 80 comunidades de veciños viguesas

Publicado o 07/11/2019 12:24

A Audiencia Provincial con sede en Vigo ordena o ingreso en prisión de Rafael Bautista polo desfalco a case 80 comunidade de veciños. Establece tamén a entrada no cárcere da filla, pero a defensa solicita a suspensión. O administrador aceptou catro anos de cadea e a súa filla foi sentenciada a dous.

O xuízo celebrouse en maio, pero mediante un decreto xudicial, do 28 de outbro, iniciouse o proceso de execución con respecto a Bauitista e a súa filla. Entre outras disposicións, requíreselles que aboen a multa que se lles impuxo e a que no prazo de cinco días ingresen voluntariamente en prisión, e, se non o fan, emitirán as oportunas ordes de busca e captura.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019