CRTVG

Buscar

A Audiencia Provincial de Pontevedra retoma o xuízo polo alixo do Titán III

Publicado o 20/09/2021 11:22
A Audiencia Provincial de Pontevedra retoma o xuízo polo alixo do Titán III

Tras suspenderse a vista en tres ocasións, o pasado 1 de setembro a Audiencia acollía as cuestións previas e hoxe dende as 10 da mañá comezaron xa as comparencias. Un xuízo de catro xornadas esta semana en que a Fiscalía solicita entre 9 e 13 anos de prisión para cada un dos acusados, e entre 200 e 340 millóns de euros en multas.

Segundo o Ministerio Público, os procesados estruturaron as súas relacións cun esquema de actuación piramidal para participar lucrativamente na importación do cargamento de 1.700 quilos de cocaína, chegado a España por vía marítima.

Nas cuestións previas, os avogados instaron á nulidade por supostos defectos na instrución e por falta de orde no procedemento. Alegaron contra as escoitas telefónicas e os rexistros domiciliarios. Ademais piden que se anule por non existir presuntamente autorización para abordar o barco. O Titán III fora interceptado en agosto de 2018 entre os Azores e Funchal.

Noticias web

20/09/2021