CRTVG

Buscar

Xulgan dous mozos de Vilagarcía por violar unha amiga de ambos

Publicado o 26/03/2019 20:08

Na Audiencia de Pontevedra celébrase tamén outro xuízo por unha suposta violación. Os acusados son dous mozos de Vilagarcía que se enfrontan a 14 e 9 anos de cárcere. A vítima é unha rapaza amiga de ambos.

Está previsto que hoxe quede visto para sentenza o xuízo contra dous mozos de Vilagarcía acusados de agredir sexualmente unha amiga.

Os feitos aconteceron no mes de maio de 2013 e case seis anos despois a vítima conseguiu contestar a duras penas as preguntas do fiscal. Interrompendo a declaración por momentos, relatou que os dous procesados eran amigos dela, un deles desde os tres anos, e que a noite en que a agrediron quedaran para facer botellón na vivenda do outro antes dun concerto. Á volta, xa de madrugada, dixo que quedara adormecida e que cando espertou a estaba violando o que consideraba o seu mellor amigo, mentres o outro a agarraba dunha man e intentaba que lle fixese unha felación.

Os dous procesados negaron as acusacións e manifestaron que as relacións sexuais foron consentidas. Inicialmente, o fiscal pide catorce anos de cárcere para un deles e nove para o outro.

Noticias web

26/03/2019