CRTVG

Buscar

A Audiencia provincial de Ourense excarcera un preso preventivo que levaba sete meses no cárcere

Publicado o 29/04/2020 14:54

A Audiencia Provincial de Ourense decidiu excarcerar un preso que levaba sete meses no cárcere de xeito preventivo. Faino tras a petición da súa defensa, e baseándose na limitación de movementos que supón o estado de alarma e o arraigo do acusado. Obrígao, así mesmo, a comparecer cada quince días no xulgado ata a celebración do xuízo pola súa presunta implicación nun grave accidente de tráfico que lle custou a vida ao condutor dunha moto. Impútaselle un delito de homicidio doloso, dous contra a seguridade viaria e outro máis de omisión de socorro.

Noticias web

29/04/2020