A Audiencia Provincial de Lugo confirma a condena a oito meses de prisión para un veciño que agredira a súa esposa
Publicado o 22/09/2021 15:13

A Audiencia Provincial de Lugo confirmou a condena a oito meses de prisión para un veciño da capital luguesa que agredira a súa esposa.
Despois de que o xulgado do Penal número 2 o condenara por violencia machista, a súa defensa presentara unha serie de alegacións. Entre elas figuraba a existencia dunha diferenza cultural, referente a que no país do agresor non é percibido como maltrato darlle unha labazada á súa parella.
Tras desestimar o seu recurso, a Audiencia si aceptou o do fiscal e aumentou a pena a nove meses de cadea.