CRTVG

Buscar

A Audiencia Provincial da Coruña ordena repetir o xuízo que condenou o alcalde de Cerceda

Publicado o 10/04/2019 15:16
A Audiencia Provincial da Coruña ordena repetir o xuízo que condenou o alcalde de Cerceda

A Audiencia Provincial da Coruña anula o xuízo contra o alcalde de Cerceda. Con esta decisión tamén se anula a condena a ano e medio de prisión e 16 de inhabilitación que se lle impuxeran por prevaricación e fraude nunhas obras públicas.

A Audiencia ordena repetir o xuízo cun maxistrado diferente, xa que considera que o primeiro, José Antonio Vázquez Taín, non actuou con imparcialidade.

O rexedor, o socialista José García Liñares, optará á reelección nas próximas eleccións municipais.

Noticias web

10/04/2019