CRTVG

Buscar

Prorrogan a prisión dous anos máis para o home que asasinou a súa muller no Carballiño

Publicado o 09/01/2019 14:12

A Audiencia Provincial de Ourense prorroga dous anos máis a prisión provisional para o home con demencia que asasinou a súa muller na vivenda familiar do Carballiño, en xaneiro do ano pasado. Acada así o máximo legal de catro anos. Unha decisión baseada, segundo o xuíz, na gravidade da pena á que se enfronta o investigado por un delito de homicidio, así como á existencia de risco de fuxida porque o acusado residiu no estranxeiro e dispón de bens suficientes para poder saír do país.

Tamén destaca o xuíz que a necesidade de tratamento psiquiátrico que ten aconsella a súa permancencia no centro penitenciario ante a comisión de posibles novos feitos delituosos. Lembren que o acusado esganou a muller coas mans no cuarto. Virginia Ferradás, de 55 anos, era natural do Irixo. O xuízo, do que aínda non hai data, celebrarase na Audiencia Provincial con xurado popular.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019