CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional procesa a Camps por contratos coa Gürtel en Fitur 2009

Publicado o 04/06/2019 08:34

A Audiencia Nacional procesa a Francisco Camps, ex-presidente valenciano co PP, polos contratos da Generalitat con empresas da trama Gürtel en Fitur 2009. O xuíz propón xulgalo por un delito de prevaricación. Considera acreditado que tiña unha relación moi estreita co Bigotes e que direccionaba os contratos cara á empresa Orange Market. Camps confirma que presentará recurso.

Francisco Camps, ex-presidente da Generalitat Valenciana: "Estou absolutamente sorprendido. Ademais de moi enfadado con este auto. É un relato xornalístico. Absolutamente falso, sen documentación ningunha. Moitas das cuestións que se din son absolutamente rebatibles, como imos facer tamén no propio auto. Dos feitos que decidiu son verdadeiros e ningún deles é verdadeiro".

Noticias web

04/06/2019