CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional mantén os catro CDR acusados de terrorismo en prisión preventiva

Publicado o 20/11/2019 20:43
A Audiencia Nacional mantén os catro CDR acusados de terrorismo en prisión preventiva

Os membros dos chamados Comités de Defensa da República acusados de terrorismo seguirán en prisión preventiva.

O xuíz Manuel García Castellón emitiu novos autos de prisión para catro deles, despois de que onte a Audiencia Nacional anulara os ditados o 26 de setembro.

A Audiencia entendeu que daquela non se lles proporcionou aos seus avogados toda a información precisa para a súa defensa, situación que se corrixiu hoxe cunha nova vista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019