CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional investiga o Rúa Mar por tráfico de drogas

Publicado o 31/01/2020 17:09

O pasado día 23 o temporal causaba o naufraxio do pesqueiro gaditano nas costas de Marrocos. A saída estrañou a moitos, xa que gran parte da frota optou por permanecer amarrada debido ao temporal. Tamén sorprendeu o feito que en lugar de quedar na costa de Cádiz, se desprazaran ata Cabo Espartel, a 28 millas da Costa de Tánger. Isto avivou as sospeitas de que podería tratarse dunha operación vinculada ao tráfico de drogas.

De feito, hai meses a Policía Nacional vixiaba os movementos do Rúa Mar, con seguimentos e intervencións telefónicas. Polo momento non hai detencións e a prioridade é a localización dos catro tripulantes desaparecidos, que xa se estendeu ao Mediterráneo. Tamén urxe a localización do barco, que achegará datos claves á investigación da Audiencia Nacional por `posible pasrticipación cunha rede de haxíx.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2020