CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional decide continuar o proceso sobre a prórroga de Ence

Publicado o 12/04/2019 19:13

ENCE poderá defender nos tribunais a continuidade da súa actividade en Pontevedra. A Audiencia Nacional acepta seguir adiante co proceso xudicial a pesar de que o Goberno se desentendera da defensa da concesión que aprobara o executivo anterior. Os responsables da factoría cren que é unha boa noticia, aínda que lamentan que a decisión do Goberno fai que a súa posición sexa menos sólida.

A loita xudicial entre o Concello de Pontevedra e a factoría de celulosa de ENCE non escribiu o seu último capítulo. A pesar de que o Goberno renunciara a defender a ampliación da concesión aprobada polo executivo anterior, a Audiencia Nacional está disposta a escoitar as partes en litixio. Deulles prazo tanto á multinacional como ao seu comité de empresa para que contesten á demanda que no seu día presentou o concello. A decisión supón un respiro para a empresa que temía que os xuíces arquivaran o caso tras a marcha atrás do Goberno. Con todo, lamentan que a súa posición sexa menos sólida que hai uns meses porque xa non contan coa defensa da Administración xeral do Estado. O Goberno de Mariano Rajoy decidiu en 2016 prorrogar o permiso para que ENCE siga fabricando celulosa á beira da ría ata o 2073, unha pretensión contra a que o Concello presentou a demanda actual.

 

O TSXG obriga a Ence a pedir licenza ao Concello de Pontevedra para facer obras en Lourizán

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha sentenza na que establece que a empresa Ence debe pedir licenza municipal para facer obras no seu complexo industrial, unha decisión que ratifica a paralización duns traballos por parte do Concello e sinala que estes non teñen cabida no Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal.

Diso informou este venres o portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, quen cualificou de "demoledora" a sentenza do alto tribunal galego, que dá a razón ao consistorio por unhas obras paralizadas en 2016 na zona de pesada de camións e nas balsas de decantación

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019