A Audiencia Nacional concédelle a liberdade condicional para Rodrigo Rato
Publicado o 12/02/2021 11:38
Rodrigo Rato, o expresidente de Bankia, poderá saír en liberdade condicional. O tribunal valora a súa idade e o comportamento na prisión.
No auto afirman, entroutras cousas, que para tomar esta decisión valoraron a idade do que fora vicepresidente do Goberno con José María Aznar, xunto co seu comportamento e coa "antigüidade" dos feitos polos que ingresou en prisión.
Rato, lembremos, cumpre unha condena de 4 anos e medio dende outubro de 2018 por apropiación indebida no caso das tarxetas opacas da vella Caja Madrid, e no pasado mes de outubro tamén obtivo o terceiro grao, que lle permitiu saír do cárcere con control telemático.