O futuro da factoría de Ence na ría de Pontevedra pasa pola Audiencia Nacional
• Francisco Conde: "Non é unha opción" que o Goberno non garanta a continuidade da fábrica
• Pontevedra, dividida pola presenza de Ence na ría
O futuro da planta de Ence en Pontevedra debátese na Audiencia Nacional. Debe decidir se avala a prórroga que concedeu o Goberno de Rajoy para seguir na ría ou estima os recursos en contra que presentou o Concello de Pontevedra e varios colectivos ecoloxistas.
Están en xogo milleiros de postos de traballo en Galicia, entre directos e indirectos. Se a Audiencia Nacional decide rexeitar a prórroga que lle concedeu o Executivo de Rajoy, a fábrica ten que trasladarse en pouco máis de dez anos.
Se avala esa prórroga, a empresa ten corenta anos máis, ata 2073, para deseñar o seu futuro. Os xuíces comezan hoxe a debater. Sexa cal sexa a decisión, o proceso será longo porque todas as partes xa anunciaron que recorrerán.