CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional avala que as pausas para fumar ou tomar café se desconten da xornada laboral

Publicado o 11/02/2020 15:43

Unha sentenza da Audiencia Nacional defende que os traballadores dunha empresa teñan que fichar cando fan unha parada na súa xornada laboral para tomar un café ou fumar. A pregunta que se fan agora moitos é como se fai para devolver ese tempo perdido do noso traballo.

Pronúnciase a Sala do Social da Audiencia Nacional, que lle dá a razón a unha empresa que quere facer fichar os seus traballadores cando saen a fumar, tomar un café ou un bocadillo, e descontarlles ese tempo das horas traballadas. 

A polémica está na rúa. Esta sentenza poderase recorrer ante o Tribunal Supremo, que será quen teña a última palabra.

Noticias web

11/02/2020