A Audiencia Nacional absolve o etarra Txeroki do asasinato do xuíz José María Lidón
A Audiencia Nacional acaba de absolver o ex-xefe da ETA Garikoitz Aspiazu Rubina, alias Txeroki, do asasinato do xuíz José María Lidón cometido o 7 de novembro do ano 2001 en Getxo. O tribunal estima que non hai probas suficientes para consideralo autor dos disparos que acabaron coa súa vida.
Os maxistrados da Sección Terceira da Sala do penal da Audiencia Nacional tamén sentaron no banco dos acusado con Txeroki ao etarra Asier Arzalluz Goñi. Aínda que en principio a Fiscalía pedía para cada un deles 30 anos de cadea, retitou a acusación contra Goñi antes de que o xuízo quedara visto para sentenza, ao entender que non quedara acreditada a súa autoría.
No xuízo, os dous etarras, que só responderon ao seu avogado, negaron a súa participación no crime e aseguraron que nin sequera estaban en Getxo cando se cometeu o atentado.