CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional absolve a muller de Malí residente en Baralla condenada pola ablación da filla

Publicado o 13/03/2020 12:47

Xiro inesperado no caso da muller de Malí, veciña do concello de Baralla, acusada da ablación da súa filla.

A Audiencia Nacional acaba de absolvela despois de que hai uns días a mesma sala do penal da propia Audiencia Nacional condenara a muller a seis anos de cadea por permitir a mutilación xenital da súa filla. 

A defensa recorreu, e agora a sala de apelación do mesmo órgano xudicial tumba esa sentenza e absólvea por considerar que non queda probado que a muller tivera medios para poder evitar a ablación.

A muller sempre defendeu a súa inocencia asegurando que soubo da operación da súa filla cando aínda residían en Malí, despois de que se lle practicara ás poucas semanas de nacer. Que o fixo a súa sogra sen o seu consentimento e que rexeitaba esta práctica da que puido librar a súa outra filla que naceu en España.

Noticias web

13/03/2020