CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional absolve a ex-cúpula de Caixanova pola operación en Rivas

Publicado o 28/11/2019 15:14
A Audiencia Nacional absolve a ex-cúpula de Caixanova pola operación en Rivas

A Audiencia Nacional absolveu o ex-presidente de Caixanova Julio Fernández Gayoso e outros tres membros da antiga cúpula da entidade no caso da errada operación inmobiliaria en Rivas  Vaciamadrid (Madrid), que xerou un prexuízo de 41,8 millóns de euros.

Na súa sentenza, coñecida este xoves, a sección cuarta da Sala do Penal entende que todos os acusados, entre os que tamén estaba o ex-director xeral José Luis Pego, o seu adxunto, Gregorio Gorriarán, e o ex-director da división de Planificación Financeira Domingo González Mera, cumpriron con "a función que lles era propia no cargo que ostentaban".

Así mesmo, considera que ningún deles "se prevaleu da súa posición na entidade" en prexuízo desta, senón que "se limitaron a darlle ao expediente o procedemento previsto", buscando "en todo caso a mellor solución e a menor perda posible para Caixanova".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí