CRTVG

Buscar

Deciden se manteñen a prisión preventiva para o acusado de matar a muller no Carballiño

Publicado o 07/01/2019 14:19

A Audiencia Provincial de Ourense decide hoxe se prorroga a estancia en prisión do home acusado de matar a súa muller hai dous anos no Carballiño. O vindeiro 1 de febreiro fará os dous anos de período máximo de prisión preventiva e a Fiscalía solicitou unha vista para pedir que siga no cárcere.

José Alén está acusado de asasinar o 29 de xaneiro de 2017 a súa muller, Virginia Ferradás, de 55 anos, na casa familiar do Carballiño. Aínda non hai data para o xuízo, que será por xurado popular. O acusado sofre unha doenza mental pola que precisou atención médica días antes de cometer, supostamente, o crime.

Noticias web

07/01/2019