CRTVG

Buscar

A Audiencia de Zaragoza celebra a repetición do xuízo contra Rodrigo Lanza

Publicado o 07/09/2020 16:22

A Audiencia de Zaragoza acolle desde este luns a repetición do xuízo contra Rodrigo Lanza, polo chamado caso dos tirantes.
Recordámosllelo. Unha discusión polos tirantes coa bandeira española que levaba Víctor Laínez acabou coa súa vida. O xurado entendeu que non houbera intención de matar e condenou a Lanza a cinco anos de prisión por homicidio imprudente coa agravante de motivos de odio. As acusacións pedían pena de 25 anos por asasinato. A xustiza aragonesa declarou nulo o proceso e agora, un novo xurado volve decidir.

Noticias web

07/09/2020