CRTVG

Buscar

A Audiencia de Valencia arquiva a causa da Fórmula 1 contra Camps ao non ver delito

Publicado o 09/07/2019 20:41

A Audiencia de Valencia arquiva a causa sobre a construción do circuíto urbano de Fórmula 1 en que estaba procesado por malversación e prevaricación o ex-presidente da Generalitat Valenciana Francisco Camps. O auto estima o recurso de petición de arquivo da Fiscalía, ao prescribir un presunto delito de prevaricación e ao non ser posible constatar un prexuízo económico directo para a Generalitat, no caso de malversación. Contra o auto non se pode presentar recurso.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019