CRTVG

Buscar

A Audiencia de Sevilla ordena reabrir a causa política dos cursos de formación de Andalucía

Publicado o 08/07/2019 15:02

Case tres anos despois, a Audiencia de Sevilla reabre a causa da chamada peza política dos cursos de formación. Estima parcialmente un recurso de apelación do PP contra o auto en que a xuíza Núñez Bolaños decretou o sobresemento e arquivo provisionais da peza principal desta causa, na que foron investigadas 24 persoas, entre elas ex-altos cargos da Junta de Andalucía.

O xulgado ordena a práctica das probas xa admitidas pero que non se levaron a cabo, como que a UCO da Garda Civil examine expedientes precintados no Servizo Andaluz de Emprego, e habilita a xuíza para que practique outras dilixencias.

Con todo, a Audiencia de Sevilla rexeita que existan incidios abondo sobre a existencia dunha trama para o reparto arbitrario de fondos públicos, e tamén as alegacións contra a falta de imparcialidade de Núñez Bolaños.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019