CRTVG

Buscar

A Audiencia de Sevilla decide se envía xa a prisión a catro condenados polos ERE

Publicado o 28/11/2019 14:48

O Tribunal que xulgou a peza política dos ERE decide mañá se envía xa a prisión catro dos condenados, os que teñen a pena máis alta, máis de sete anos de cárcere.

Son os ex-conselleiros socialistas Antonio Fernández e José Antonio Viera e os ex-directores de Traballo Javier Guerrero e Juan Márquez, que hoxe volveron á Audiencia de Sevilla para esta vista.

Escoitadas todas as partes, a Audiencia volveu citalos mañá para comunicarlles a decisión. A fiscalía mantivo a petición de envialos ao cárcere sen agardar a que a sentenza sexa firme porque ve risco de fuga, algo que negaron as defensas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019