CRTVG

Buscar

A Audiencia de Pontevedra desestima o recurso de Oubiña contra Carmen Avendaño

Publicado o 21/06/2019 13:32

A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de desestimar o recurso de Oubiña contra Carmen Avendaño. O narco arousán acusaba a presidenta de Érguete dunha intromisión na súa honra, ao suxerir nunha entrevista radiofónica que Oubiña traficara con outras substancias ademais do haxix. O xulgado de primeira instancia xa lle dera a razón a Avendaño o verán pasado, ao indicar que debía prevalecer a súa liberdade de expresión. Oubiña terá que facerse cargo das custas de ambos os dous xuízos.
 

Noticias web

21/06/2019