CRTVG

Buscar

A Audiencia de Pontevedra arquiva as denuncias contra o goberno municipal de Valga

Publicado o 04/05/2019 16:43

A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou definitivamente a denuncia do PSOE de Valga en contra do goberno municipal, do Partido Popular, en relación ás comisións de coordinación.
O tribunal rexeitou a existencia de prevaricación e malversación de fondos nas asignacións recibidas polo equipo de goberno.

"Polo tanto a Audiencia descarta a existencia dos delitos de prevaricación administrativa e malversación de cartos públicos. Os concelleiros que cobraron as correspondentes axudas de custo, así o di textualmente a sentenza, efectivamenten asistiron ás reunións, o pago respondeu a un procedemento legal e o gasto estaba previsto nos orzamentos", asegurou José María Bello Maneiro, alcalde de Valga.

Noticias web

04/05/2019