CRTVG

Buscar

A Audiencia de Pontevedra absolve un home acusado de violar unha discapacitada

Publicado o 13/11/2019 10:34

A Audiencia de Pontevedra absolveu un home acusado de violar en dúas ocasións unha discapacitada.
No xuízo celebrado a finais do mes de xuño, o procesado, de 36 anos, acolleuse ao seu dereito a non declarar.

A fiscalía acusábao de dous delitos de agresión sexual cometidos, supostamente, a madrugada do 6 de maio de 2017 e pedíalle 13 anos e medio de cárcere. A nai da muller discapacitada exercía a acusación particular e pedía 15 anos de prisión.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019