CRTVG

Buscar

A viúva dun veciño de Ponte Caldelas, investigada pola súa morte

Publicado o 13/02/2018 14:29

Era acusación particular, e agora pasa a ser ela mesma investigada. A Audiencia de Pontevedra amplía á viúva a investigación sobre a morte de Manuel Rivas en Ponte Caldelas. Confesou o ex-amante da muller. Pero ela incorreu nunha chea de contradicións, como chamar ao 112 antes de saber do crime, segundo a súa propia declaración. 

O crime de Ponte Caldelas conmocionou a vila o 28 de novembro de 2015. Manuel Rivas apareceu acoitelado no seu domicilio da vila pontevedresa. Axiña Marcos Vidal, un amigo da muller co que tiña unha relación extramarital, autoinculpouse.

A acusación e a familia do finado levan tempo considerando que a súa viúva, Sandra Martínez Araújo, podía ter relación cos feitos. Agora un auto da Audiencia de Pontevedra referenda esa hipótese, o que supón un xiro no caso.

Segundo a acusación, Sandra incorreu en numerosas incongruencias e contradicións.

En próximas datas, Sandra terá que volver a  declarar nos xulgados. Agora farao como investigada, non como testemuña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018