CRTVG

Buscar

A Audiencia de Palma dá cinco días a Diego Torres para ingresar na prisión

Publicado o 13/06/2018 20:49

A Audiencia Provincial de Palma deu cinco días ao ex-socio de Iñaki Urdangarin, Diego Torres, para que ingrese en prisión, segundo fontes da Audiencia.

Torres acudiu á Audiencia Provincial de Palma sobre ás 9.00 horas, acompañado do seu avogado Manuel González Peeter, para recibir a orde de entrada en prisión e permaneceu no interior pouco máis de media hora.

Cabe lembrar que a Sala II do Tribunal Supremo rebaixou a cinco anos e oito meses a súa condena polos delitos de malversación, prevaricación e fraude á Administración, mentres que o absolveu de tráfico de influencias, branqueo e falsidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018