CRTVG

Buscar

A Audiencia de Madrid ordena investigar como violencia machista o suicidio asistido de María José Carrasco

Publicado o 06/06/2019 19:24

A Audiencia de Madrid ordena que o suicidio asistido de María José Carrasco se xulgue como violencia machista.

En contra do criteiro da Fiscalía, os maxistrados devolven o caso ao Xulgado número cinco de Madrid, especializado en violencia contra a muller, malia que a propia xuíza titular o rexeitara como tal. O argumento que utilizan é que polo momento non se pode descartar que se trate dun caso de violencia machista. Din que a investigación está nunha fase inicial e non hai os informes médico-forenses necesarios nin se sabe como colaborou o home na morte da súa muller.

 

Noticias web

06/06/2019