A Audiencia confirma o procesamento de Chaves e Griñán polos ERE
Desestima o recurso que presentaran os dous ex-presidentes andaluces e mantén as acusacións de malversación e prevaricación contra eles. Os dous terán que sentar no banco dos acusados
A Audiencia de Sevilla confirma o procesamento de Manuel Chaves e José Antonio Griñán polos caso dos ERE. Desestima o recurso que presentaran os dous ex-presidentes andaluces e mantén as acusacións de malversación e prevaricación contra eles. Os dous terán que sentar no banco dos acusados.
A Audiencia de Sevilla mantén as acusacións contra os 26 ex-altos cargos socialistas do Goberno andaluz procesados na denominada peza política dos ERE. Desestima todos os recursos presentados, e confirma as acusacións de malversación e prevaricación para os ex-presidentes José Antonio Griñán e Manuel Chaves, así como para cinco ex-conselleiros dos seus gobernos.
A Fiscalía Anticorrupción pide seis anos de prisión e trinta de inhabilitación para Griñán, e unha pena de seis anos de inhabilitación para Manuel Chaves.
Os delitos que se lles atribúen cometéronos, presuntamente, na súa etapa como conselleiros. A Audiencia considera que tanto un coma outro coñecían as irregularidades que presuntamente se fixeron nas transferencias de financiamento para axudar empresas en crise, que, segundo a investigación se utilizaron para beneficiar empresas privadas, cando a súa finalidade era exclusivamente a cobertura do gasto corrente de empresas públicas.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí