CRTVG

Buscar

A Audiencia absolve catro acusados de obrigar a mulleres a prostituírse en Lugo

Publicado o 03/12/2019 17:00
A Audiencia absolve catro acusados de obrigar a mulleres a prostituírse en Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu catro acusados de obrigar a mulleres a exercer a prostitución. “Dada a absoluta falta de garantía do testemuño prestado pola única testemuña de cargo, concluímos que non se acreditou ningún feito susceptible de integrar os tipos penais obxecto da acusación, de maneira que ao non resultar desvirtuada a presunción de inocencia dos acusados, e en virtude do principio in dubio pro reo, procede a súa libre absolución”, indica o tribunal. A Fiscalía imputáballes delitos de prostitución, contra os dereitos dos traballadores e trata de seres humanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí