CRTVG

Buscar

A atracción de Sarria na que se mancaron seis mozas precisa un certificado para volver a abrir

Publicado o 23/06/2019 19:08

A Policía Local de Sarria mantén precintada a atracción que provocou contusións en seis rapazas ao sufrir, supostamente, un fallo técnico.

O carrusel non poderá volver abrir ata que presente un certificado de seguridade diante do xulgado.

O accidente provocou mancaduras en seis rapazas. A atracción ten forma de pequeno tren, e ao frear de súpeto os ocupantes toparon violentamente contra a barra de suxección.

As afectadas resultaron danadas nos beizos e no nariz, e tamén no peito e no estómago. Deseguida foron atendidas no centro médico da localidade e posteriormente dúas delas foron ata o Hospital de Lugo para unha revisión máis en profundidade. As lesións que sufriron son leves e as cativas xa están na casa.

Segundo as primeiras impresións, a documentación presentada pola atracción é a axeitada.

Non foi posible contactar cos responsables do carrusel para que desen a súa versión dos feitos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/06/2019