CRTVG

Buscar

A atracción de Sarria en que quedaron feridas seis rapazas o venres está clausurada

Publicado o 23/06/2019 17:35

A atracción das festas de Sarria que na noite do sábado provocou mancadelas en seis cativas está precintada pola Policía Local e só un certificado técnico que garante a seguridade permitirá que volva funcionar. O asunto está no xulgado e as rapazas feridas xa se atopan na casa. 

A Policía Local de Sarria mantén precintada a atracción que provocou contusións en seis rapazas ao sufrir, supostamente, un fallo técnico. O carrusel non poderá volver abrir ata que presente un certificado de seguridade diante do xulgado.

O accidente provocou mancaduras en seis rapazas. A atracción ten forma de pequeno tren, e ao frear de súpeto os ocupantes toparon violentamente contra a barra de suxección.

As afectadas resultaron danadas nos beizos e no nariz, e tamén no peito e no estómago. Deseguida foron atendidas no centro médico da localidade e posteriormente dúas delas foron ata o hospital de Lugo para unha revisión máis en profundidade. As lesións que sufriron son leves e as cativas xa están na casa.

Segundo as primeiras impresións, a documentación presentada pola atracción é a axeitada. Non foi posible contactar cos responsables do carrusel para que desen a súa versión dos feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/06/2019