CRTVG

Buscar

A Revista FDS

A asociación 'Pereira Adiante' traballa na recuperación do Parque Natural do Xurés

Publicado o 15/06/2013 12:58


Visitamos a localidade da Pereira, no concello ourensán de Bande. A menos dun quilómetro do Parque Natural da Serra do Xurés, declarado Reserva da Biosfera, A Pereira supón unha porta de acceso a un do espazos naturais transfronteirizos máis importantes da península.

Conscientes desta realidade, os mozos da aldea xuntáronse para traballar na recuperación do lugar, moi deteriorado polo abandono e o paso do tempo. Actualmente, 50 mozos da localidade e doutras zonas forman parte da asociación. Xa teñen promovido distintas iniciativas, como a recuperación da toponimia da zona, e actualmente están habilitando unha ruta de sendeirismo, de dous quilómetros de lonxitude, polas ribeiras do río Cadós. O seu traballo, como vemos na reportaxe, consiste en restaurar muíños e limpar a zona, entre outras cousas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

15/06/2013