CRTVG

Buscar

A Revista

A asociación O Camiño dos Faros organiza rutas de sendeirismo pola Costa da Morte

Publicado o 09/06/2015 12:54

E con este bo tempo do que gozamos, temos a oportunidade de desfrutar das distintas rutas de sendeirismo que atravesan o territorio galego. Unha das máis recomendables é sen dúbida a que une os distintos faros e localidades da Costa da Morte. Un camiño que transcorre a escasos metros do mar, por unha das rexións máis auténticas de todo o país.

"Cada ano son máis as persoas que se animan a facer algunha etapa do Camiño dos Faros, a impresionante ruta de sendeirismo que percorre 200 quilómetros pola Costa da Morte, de Malpica a Fisterra, atravesando lugares tan emblemáticos coma o cemiterio dos ingleses e o Monte Branco".

O auxe desta ruta débese principalmente ao intenso labor realizado nos últimos anos pola asociación O Camiño dos Faros. Este colectivo, coñecido popularmente como Os Trasnos, leva xa 5 edicións organizando andainas polas distintas etapas do camiño.

Un dos tramos máis salientables do camiño é a súa etapa central, que vai de Arau a Camariñas, e ten como epicentro o maxestuoso cabo Vilán. Alí, no mesmo corazón da Costa da Morte, Os Trasnos contan cunha aliada imprescindible na promoción desta zona.

Os máis aventureiros poden inscribirse na carreira solidaria que se celebrará o vindeiro mes de xullo, e intentar rematar o camiño nun tempo récord, facendo os 200 quilómetros en 48 horas.... Mentres tanto, Os Trasnos seguen traballando na apertura e acondicionamento de novas rutas. Un labor orientado principalmente a conseguir que O Camiño dos Faros sexa recoñecido como unha ruta de interese internacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

09/06/2015