CRTVG

Buscar

A Asociación Mundial de Empresarios Galegos presentarase oficialmente este xoves

Publicado o 27/07/2021 16:50

Asociacións de empresarios galegos en distintos países europeos e americanos únense agora en Amega, a Asociación Mundial de Empresarios Galegos. O seu obxectivo: crear redes de colaboración para axudar ao desenvolvemento destas empresas a unha e outra beira do Atlántico. 

A presentación oficial será no sétimo Encontro de Empresarios Galegos no Mundo, este xoves na illa da Toxa. Un encontro que, dende Amega, esperan que xa dea os seus primeiros froitos de colaboración.

Noticias web

27/07/2021