CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Asociación galega de residentes de Mos celebra 100 anos na Arxentina

Publicado o 28/04/2018 21:37

Cruzamos agora o Atlántico, como fixeron esta semana 50 mosenses, para celebrar a carón dos seus familiares da Arxentina o centenario da asociación galega Residentes de Mos. Alí, músicos galegos dunha e outra beira do océano compartiron escenario nun festival artístico no que non faltaron xotas, muiñeiras e un pouco de folk.

Un século non se cumpre tódolos días e na asociación galega Residentes de Mos en Bos Aires quixeron celebralo por todo o alto, acompañados dunha comitiva de mosenses chegados directamente dende a terra nai e cun festival folclórico que deixou claro que as nosas músicas aínda resoan con forza na quinta provincia.

Nunha simbiose perfecta entre o folk e a música tradicional galega, os gruposos mosenses Xulio Lorenzo Trío e A vacaloura vermella compartiron a escena deste festival do centenario cos anfitrións, a agrupación Residentes de Mos en Bos Aires.
"Estamos a miles de kilómetros da casa pero estamos como na casa porque estamos rodeados de xente de Mos e son xente que vive ademáis a súa tradición, a súa música e a súa cultura dunha maneira moi intensa".
50 mosenses viaxaron ata a capital arxentina para acompañar a esta institución que naceu para brindar axuda moral e material aos paisanos que chegaban a Bos Aires.

"É admirable a xente de hoxe que a pesares de non ter nacido en Mos ou de non ter raíces mosenses, ama a institución e traballa moito por ela."
O Senado arxentino agasallounos neste 100 aniversario pola labor social e cultural que fan no país.
Porque Residentes de Mos incrementa o noso acervo cultural a máis de 11.000 kilómetros de Galicia con novas composición que plasmaron no CD "Bos aires galegos".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí