CRTVG

Buscar

A Asociación de Pais e Nais separados presenta no Parlamento unha inicativa pola igualdade

Publicado o 14/10/2017 15:49

A Asociación Galega de Pais e Nais separados reuniuse hoxe para preparar a exposición da Iniciativa Lexislativa Popular que o próximo martes se debaterá no Parlamento. Con ela búscase que se regulen as relacións familiares nos casos de ruptura da convivencia para que os dous pais participen de modo igualitario na crianza dos fillos.

Despois de varios anos reclamando a igualdade nas relacións familiares despois dunha separación, a Asociación Galega de Pais e Nais separados saberán esta semana se se acepta a iniciativa que eles presentan para regular en común o coidado dos fillos cando os pais xa non viven xuntos.

É unha lexislación que xa foi desenvolta noutras comunidades a prol da igualdade de nais e pais e que en Galicia queda ata o de agora nas mans dos xulgados de familia e con resolucións moi desiguais. "Aquí en Galicia vemos que o Tribunal Supremo está favorecendo e está evolucionando, nunha porcentaxe do 15% en determinados xulgados de familia. Pero naqueles sitios que non os hai, como pode ser Ferrol ou Lugo, son porcentaxes ridículas." Di Lois Manuel Toirán, presidente da Asociación.

Nestas cidades só o 9 ou o 10% dos casos se resolven de xeito igualitario despois dunha separación."Xa estamos no século XXI. Os roles de familia xa están avanzados e os nenos e as nenas merecen que os traten con igualdade na súa educación e na súa formación." Insiste Toirán.É o que se agarda dunha sociedade na que o modelo de familia muda e a porcentaxe de parellas que rompen a súa relación avanza cada día.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2017