CRTVG

Buscar

A Revista

A Asociación Fillos de Zas en Bos Aires segue traballando para preservar e espallar a cultura galega

Publicado o 01/05/2017 12:55








Hai unha institución que leva máis de 90 anos coidando os galegos do municipio coruñés de Zas na capital arxentina, Bos Aires. A Asociación Fillos de Zas ten un 80 por cento de socios de orixe galega, entre emigrantes, fillos, netos e bisnetos, entre os que preserva con fervor os costumes da terra que queda a dez mil quilómetros.


ENTRADIÑA
Dende a súa sede neste pintoresco barrio porteño de La Boca a Asociación Fillos de Zas en Bos Aires leva máis de 90 anos actuando coma un apeiro de cultivo da cultura galega na Arxentina e de axuda e amparo a quenes chegaban de Galicia.
Manuel Río - Comisión directiva de Fillos de Zas.
"La asociación fue adaptándose al movimiento de los tiempos. En su momento nació como una entidad asistencialista. Que gente que había salido de su hábitat natural estaba en un lugar relativamente desconocido y necesitaba apoyarse mutuamente".
Naquel entón, a falta de medios suplíana cun forte sentimento de pertenza e vocación de servizo.
Un espírito que hoxe se mantén intacto e convirte a Fillos de Zas nun puntal de difusión da tradición galega ó outro lado do Atlántico e vínculo entre os zasenses nativos e os seus descendentes residentes na Arxentina.
Manuel Río - Comisión directiva de Fillos de Zas.
"Se ha vuelto un centro de reunión de músicos donde constantemente hay colaboración con otras instituciones".
O seu concuso fotográfico "Viven en nós", o libro "Yo, emigrante", cedés, conferencias ou concertos son algunhas das actividades que calan profundo nas novas xeracións de galego-arxentinos.
Para moitos a motivación é compartir unha conversa coa historia viva.
Enrique Busto Mouro - Comisión directiva de Fillos de Zas.
"Al tener las puertas abiertas dos días por semana la gente viene más seguido y hay un contacto más directo entre los que quedaron".
Están a 10.000 kilómetros da súa terra pero viven a romaría da Virxe do Carme como fai 50 ou 60 anos facían no seu pobo.
Iso si, co característico barrio porteño da Boca como pano de fondo.
Emilio Ferradás - Presidente de Fillos de Zas.
"Es una familia esto. Por eso tenemos que seguir, para mantener todo esto, en homenaje a todos nuestros mayores que han trabajado tanto por la institución".
Cun 80 % dos socios de orixe galega dos que o 70% son de Zas, hoxe teñen claro que mentres haxa algún paisano en Bos Aires, a institución seguirá loitando por Galicia con forza.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

01/05/2017