A patronal eólica advirte do risco da marcha de investidores en Galicia
Publicado o 22/09/2021 14:28

A asociación eólica de Galicia tamén alerta de que Vestas pode non ser o unico que decida deslocalizar a súa produción.
Advirten de que a transición enerxética corre o risco de frearse ante a marcha dos investidores, que optan por outros mercados coma o asiático ou o americano, polas facilidades que eses países lles ofrecen para a súa instalación. Din que é necesario un acordo político e social en materia enerxética.